Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior
 

Preguntas frecuentes marcas e nomes comerciais

A Lei establece unha serie de prohibicións:

  • Signos que non teñen capacidade abondo para distinguir, por exemplo, un punto ou unha liña sen ningún outro elemento caracterizador, posto que dificilmente serían percibidos como "marca" polo consumidor.
  • Signos xenéricos e específicos, por exemplo chocolate para distinguir "chocolate", aqueles que se compoñan exclusivamente de signos que no comercio ou na linguaxe corrente chegaran a constituír unha denominación necesaria ou usual de produto ou servizo do que se trate, por exemplo, "Rollitos de primavera" para distinguir produtos alimenticios.
  • Signos descritivos: os que se compoñan exclusivamente de signos ou indicacións que sirvan no comercio para designar a especie, a calidade, a cantidade, o destino, o valor, a procedencia xeográfica, a época de produción do produto ou da prestación do servizo ou outras características dos produtos ou do servizo, por exemplo, "Edición selecta", ou "Fresas de maio".
  • Signos enganosos, por exemplo, "Oleoliva" para distinguir todo tipo de aceites e graxas comestibles.
  • Signos contrarios á Lei ou á orde pública, por exemplo, calquera marca xenófoba ou sexista.
  • Formas que veñan impostas por razóns de orde técnica ou pola natureza dos propios produtos ou que afecten o seu valor intrínseco, por exemplo, a representación dunha antena parabólica para distinguir antenas parabólicas ou a dun limpaparabrisas para limpaparabrisas, ou a representación dun lapiseiro sen ningún elemento de fantasía ou caprichosa.
  • Denominacións de orixe, indicacións xeográficas, termos tradicionais de viños ou especialidades tradicionais garantidas que están protexidas por leis que impiden a súa inscrición e nome de variedades vexetais nalgúns casos específicos.
  • Determinados signos protexidos legalmente como bandeiras e escudos de Estados, Comunidades Autónomas, etc.

A OEPM dispón dunhas Guías de exame de prohibicións de rexistro na súa páxina web onde se detallan exemplos e casos concretos sobre os criterios seguidos pola Oficina para analizar as prohibicións absolutas e relativas dos signos distintivos.

Preséntase directamente polo interesado ou a través de representante ou axente da Propiedade Industrial unha solicitude ante a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) ou nos centros rexionais de información de Propiedade Industrial das CCAA, oficinas de correos (en sobre aberto, por correo certificado e con xustificante de recepción), nas delegacións e subdelegacións de Goberno, áreas de Industria e Enerxía ou por vía telemática, mediante unha solicitude electrónica, á que se accede a través da páxina web da OEPM (www.oepm.es).

La documentación mínima que se debe presentar es:

  •  Una solicitud de marca.
  •  La identificación del solicitante.
  •  Una reproducción de la marca en alguno de los formatos admitidos, según el tipo de marca de que se trate (texto, imagen, vídeo, audio)
  •  Los productos y/o servicios a los que la marca se aplicará o las actividades en el caso del nombre comercial.
  •  Posteriormente se podrá completar la solicitud, pero la fecha de presentación será aquella en que se presentaron, al menos, los elementos citados.

En el caso de que se solicite la marca electrónicamente además será necesario el pago de la tasa de solicitud, la cual lleva una reducción del 15%.